O NadalParc congregou a un total de 1.900 usuarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllarizLocal
A-
A+

O Concello de Allariz puxo en marcha durante as datas navideñas numerosas actividades para a poboación máis cativa.

Dende o día 26 de decembro ata o 3 de xaneiro o pavillón do IES de Allariz albergou a programación destinada a nenos e nenas baixo o nome de NadalParc, que xa celebrou a súa cuarta edición. Ludoteca, xogos, inchables e un espazo adicado ás novas tecnoloxías foron as actividades desenvolvidas das que puideron gozar todos os nenos e nenas de Allariz e visitantes por un prezo de 2 euros ou 3 euros ó día para as persoas empadroadas ou non empadroadas, respectivamente.

Esta iniciativa congregou a visita de 1.900 usuarios durante os oito días de apertura, o que reflecte segundo explicaban os técnicos “o éxito desta actividade e a súa consolidación como un referente navideño para os nenos e nenas”.

14 de xaneiro de 2013 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.