O Intasa recibe ao F.C.Barcelona en San Sadurniño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioDeportesLocalSan Sadurniño
A-
A+

A Superliga Masculiña 2 de volei verá este sábado en San Sadurniño un dos partidos máis emocionantes da súa décima xornada. O Intasa Aldebarán recibe a partir das 17.30h. ao F.C.Barcelona, un equipo que con toda seguridade loitará duramente por fuxir do último posto da clasificación

As cousas están así: os cataláns suman tan só catro puntos desde que comezou a competición e o Intasa outros catro. Dito doutro xeito, os dous van de últimos na Superliga 2, só que os de San Sadurniño gañan polo contador de tantos marcados nas últimas xornadas.

Esta situación de igualdade ha deparar un partido apaixoante no que os da casa tentarán conseguir a súa segunda victoria na liga e encarar unha remontada cara á metade da táboa que, a estas alturas, cada vez se pon máis difícil. O F.C.Barcelona está nas mesmas e buscará rabuñar os puntos necesarios para pasarlle ao San Sadurniño o farol vermello.

O Aldebarán confía en superar o trance grazas á técnica e as boas maneiras que demostrou nos últimos partidos -malia perder- e, sobre todo, grazas ao apoio do público. Unha vez máis fan un chamamento para converter o pavillón municipal nun fervedoiro da afección que lles brinde ánimo e unha inxección de calor.

A canteira na TVG2

O programa da TVG2 Cancha Júnior ocupouse na súa emisión nº 11 dos equipos de base do Aldebarán. O espazo presentado pola exfutbolista Lis Franco emitiuse o sábado 12. Para quen non o vise pode facelo na web Cancha Júnior

15 de xaneiro de 2013 | 13:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.