O grupo Odaiko e o artista Miki Nadal, propostas para a noite de Ourense
Unha vez rematada a programación de Nadal, a oferta cultural do Concello de Ourense continúa o seu andar, e para esta semana tráenos dous espectáculos para diferentes públicos. O venres 18 visítanos Odaiko Percussion Group, un grupo Galego que toma o seu nome do tambor oriental, e que xa pasou polos máis importantes festivais de percusión do mundo.
Está integrado por músicos cunha reputada traxectoria ás súas espaldas, na cal combinan a mellor percusión do pasado cun presente sen limitacións.
Tras case 10 anos de existencia, e con máis de 300 concertos, Odaiko colabora habitualmente con todo tipo de artistas. Hoxe o grupo está formado por Fran Troncoso, Félix Rodríguez, Antonio Ocampo, Juan Collazo e Xiana Lastra na voz.
O concerto será ás 21.00 h no Auditorio Municipal, e as entradas teñen un prezo de 7 € e de 10 € (inclúen dvd). Para os menores de 12 anos a entrada é de balde. Para máis información, www.odaiko.es
Miki Nadal
Tras o seu periplo televisivo dos últimos anos, pasando por programas como “Sé lo que hicisteis” ou “El Informal”, Miki Nadal chega por primeira vez a Ourense. E o fai neste espectáculo no que despois de moito investigar e consultar en manuais clásicos e Internet, “Mikipedia” nace da necesidade de crear unha nova enciclopedia virtual, máis cercana á xente, sen termos técnicos engorrosos e moito máis comprensible para o home de a pé e o que está tumbado no sofá. Por suposto todo desde o punto de vista do humor e do pragmatismo.
Será o sábado 19 ás 20.30 h no Auditorio Municipal. Os prezos das entradas son 15 € anticipada (servinova) e 17 € o mesmo día na taquilla.











