O espectáculo El Ruiseñor encherá o Edificio de Servizos Múltiples

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+

O salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo voltará a encherse mañá co gran espectáculo teatral que ofrecerá a compañía cullerdense El Ruiseñor, incluído na programación cultural do Concello de Culleredo.

Terá lugar ás 19.30 horas e leva por título “Érase unha vez…o Nadal”.

O espectáculo está pensado fundamentalmente para o público infantil, que gozará das diferentes personaxes que pasarán polo escenario do Burgo. A entrada será libre ata completar aforo.

Á conclusión do espectáculo, os pequenos recibirán unha grata sorpresa. O Carteiro Real visitará aos pequenos para escoitar as súas peticións a poucas horas da chegada dos Reis Magos.

O Concello de Culleredo anima á asistencia a esta actuación pola recoñecida calidade do traballo de El Ruiseñor e que case porá fin ás actividades do Nadal.

3 de xaneiro de 2013 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.