A campaña de Nadal de Culleredo finaliza con videoxogos na rúa
A ampla programación de Nadal deseñada polo Concello de Culleredo e a Asociación de Comerciantes de Culleredo chega ao seu remate co fin das festas. Ao longo das últimas semanas, baixo o lema de “Vive o Nadal en Culleredo”, o Concello dinamizou o sector comercial e hostaleiro de Culleredo.
Como remate das actividades programáronse para o venres 4 de xaneiro, varias actividades:
Torneo 3×3 baloncesto: A partir das 10 da maña na Praza de Europa do Burgo, unha actividade na que poden participar dende rapaces de 5 anos ata os propios pais, a inscrición levarase a cabo na mesma pista.
Torneo de Wii e Xbox: de 18.00 a 20.00 horas no local social de Fonteculler sito na Plaza Castelao
Chocolatada e sorteo da terceira cesta de Nadal da asociación de comerciantes: 20.00 horas no local social de Fonteculler











