O Concello de As Pontes destina 600.000 euros a diferentes obras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesLocal
A-
A+

Durante a xunta de goberno celebrada hoxe recibían luz verde as obras que se acometerán co plan DTC-94 e os traballos de renovación de vías municipais en varios lugares da Faeira O goberno municipal, reunido en Xunta de Goberno, aprobou hoxe un paquete de inversións que suporá un desembolso próximo aos 600.000 euros que se destinarán, na súa maioría, á renovación de viais municipais.

Así a sesión arricou coa aprobación do paquete de obras que se realizarán neste municipio con cargo ao plan provincial DTC-94: Unha Deputación para todos os concellos, que deixará en As Pontes máis de medio millón de euros en obras. Así, a xunta de goberno local acordou destinar 188.193,43 euros á reparación de camiños municipais en Somede (Aldea de Arriba), a Vilavella (A Vila), San Pedro de Eume (Dende o Rego dos Bácaros a Lamas e á Redonda), Ribadeume ( lugares de Espá e Cachopal) e Bermui (lugares de O Carballo, Ermida e os Currás), ademáis de na propia parroquia de As Pontes onde se acometerán os traballos de reparación do camiño que vai ao Caneiro e da rúa Santiago. Outros 174.620,91 euros terán como destino os traballos de reparación nos camiños do Deveso ( nas zonas do Rego, As Cabandelas, A Cabeceira e O Outeiro), Espiñaredo (O Castro), no Freixo (Tras do Camiño), na Vilavella (A Carballeira e o Reboredo), en Somede (Cervicol) e tamén no Alvarón e no Paraño.

A terceira partida económica tamén procedente do DTC-94 destinarase ás obras de reparación das pistas deportivas da Canle IV e do Colexio Monte Caxado, a reparar a rede de abastecemento de Goente e a obras nos locais veciñais do Aparral, Saa e Bermui, o que suporá unha inversión de 137.211.77 euros. Á marxe destes traballos e deste plan de obras provincial, na sesión da xunta de goberno celebrada hoxe adxudicáronse os traballos da segunda fase de renovación de viais municipais nas zonas de O Picobello, Sesulfe, A Faeira e nos Teixedelos, un contrato que recaeu na empresa Francisco Gómez y Cía por un valor de 97.284 euros.

15 de xaneiro de 2013 | 12:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.