O Concello contará con seis bolseiros titulados universitarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Departamento Integrado de Formación e Emprego (DIFE) da Concellería de Traballo e Benestar faise faise eco desta nova convocatoria co obxectivo de que chegue ao maior número de interesados, xa que a mocidade con estudos universitarios é un dos colectivos que tamén está a sufrir con creces o problema do paro.

As seis bolsas concedidas ao Concello de Vilagarcía son para un licenciado ou diplomado en Económicas e Empresariais, uno en Traballo Social e Educación Social, un en Ciencias Políticas, un en Relacións Laborais, outro en Historia, un en Maxisterio, outro en Psicoloxía e o último en Enxeñería Técnica en Informática.

O Plan de práctica laboral para titulados universitarios sen experiencia laboral convocado pola Deputación ten como obxectivo que os beneficiarios poidan completar a súa formación nas áreas de coñecemento ou actividades relacionadas coas súa súas titulacións, de xeito que teñan máis oportunidades para incorporarse ao mercado laboral ao poder acreditar a experiencia adquirida a través destas bolsas.

Os bolseiros serán contratados para prestar servizos na administración municipal por un prazo de seis meses, podéndose prorrogar os contratos outros seis meses máis. As prácticas remuneraranse con 800 euros ao mes. A selección dos bolseiros realizarase en base a un procedemento que inclúe unha primeira fase de baremo de méritos e unha segunda consistente nunha entrevista persoal.

Para acceder a unha destas bolsas, os solicitantes deben posuír o correspondente título de licenciado, graduado ou diplomado nas especialidades convocadas, non ter cumpridos os 31 anos, nos ter sido beneficiario dunha bolsa remunerada na Deputación nin en outro organismo ou ente dio sector público. Outros requisitos son non contar con experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos na que estea titulado e dispor do certificado de coñecemento da lingua galega do nivel Celga IV.

A convocatoria das bolsas de prácticas publicouse no BOP do 2 de xaneiro e para a presentación de solicitudes disponse dun prazo de 20 días hábiles a contar a partir do 3 de xaneiro. As instancias deberán dirixirse ao presidente da Deputación e irán acompañadas da documentación requirida e que se concreta nas bases da convocatoria que se poden consultar nesta web, nado organismo provincial, no taboleiro de anuncios do Concello, no BOP e no DIFE (Centro de Matosinhos). Os formularios tamén se poden imprimir a través destas vías.

14 de xaneiro de 2013 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.