publicidade hoxe

O alcalde agradece a colaboración prestada no Duatlón de Reis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVimianzo
A-
A+
Foto de familia cos coordinadores

Foto de familia cos coordinadores

Que os eventos deportivos espertan grande interese quedou demostrado cando en tan só un par de días se cubriron as cen prazas dispoñibles para participar no IV Duatlón cross de Reis Concello de Vimianzo. As baixas temperaturas e a chuvia non fixeron senón darlle emoción e diversión á proba deportiva, segundo comentaban os propios participantes, a pesar de que o percorrido se facía máis duro ao converterse en lama a terra dos camiños polos que deberían pasar os deportistas.

Desde as 10 da mañá a praza de Castromil comezaba encherse de participantes dispostos a recoller os seus dorsais e a realizar o quentamento para comezar a proba ás 11 da mañá, hora na que o alcalde daba a saída. Comezaba a proba con 5,4 Km. de carreira a pé, a continuación colleron as bicicletas para percorrer 21 Km.dando dúas voltas ao circuíto, e de novo 3,6 Km. de carreira a pé para concluír a proba.

Coordinados polo técnico deportivo, Víctor Santos, persoal de Protección Civil, Policía local, o Club de quads Lume no Caño, equipo médico, Cruz Vermella e un gran número de voluntarios a nivel individual fixeron posible que o evento deportivo se levase a cabo con éxito.

15 de xaneiro de 2013 | 13:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.