Novas actividades da escola municipal da terceira idade
Apertura da inscrición, tamén vía web, para participar nas novas actividades desta escola municipal. Obradoiros de informática, termalismo, sendeirismo, obradoiros de nutrición, xogos populares, obradoiros de ximnasia e relaxación e obradoiros de memoria e habilidades. A inscrición é gratuíta e poderá facerse no departamento de servizos sociais (981714000) e oficina municipal en Corme.











