Nigrán convoca o primeiro concurso de cartas de amor para maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNigrán
A-
A+

A concellaría de Benestar Social e Sanidade do convoca o primeiro Concurso de Cartas de Amor para Maiores Concello de Nigrán, un certame dirixido a maiores de 60 anos xubilados e/ou pensionistas do municipio e de concellos veciños. Os participantes deberán remitir ao departamento de servizos sociais municipais unha carta en prosa ou en verso romántica ou amorosa en estilo libre, cuxa extensión non deberá superar en ningún caso os dous folios.

As cartas remitidas serán asinadas cun pseudónimo, e entregaranse nun sobre pechado que, á súa vez conterá outro pechado co mesmo pseudónimo, e no seu interior a identificación persoal, dirección e teléfono do autor/a. Os escritos deberán enviarse antes do 4 de febreiro ao departamento de servizos sociais do Concello de Nigrán.

O certame contará con dúas categorías: os finalistas á carta máis emotiva e á máis orixinal. Os premiados recibirán un cheque YoNoPago, co que poderán gozar dunha promoción 2×1 para Spas, cruceiros, ceas, vacacións, hoteis e moito máis, dentro das promocións dispoñibles, que se poden consultar na páxina www.yonopagopordomir.com, e sempre conforme ás condicións estipuladas na promoción.

A entrega dos premios celebrarase o próximo 14 de febreiro, o día de San Valentín, no Salón de Actos do Concello de Nigrán ás 19.00 horas. Máis información no departamento de Servizos Sociais, no teléfono 986 36 50 00 extensión 4 ou no correo electrónico sociales@nigran.org.

14 de xaneiro de 2013 | 13:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.