Musical “MammaMia”
O grupo de baile de salón do Departamento de Xuventude interpretará o vindeiro 3 de xaneiro ás 20.00 h no Auditorio do Centro Cívico Cultural, o musical MammaMia.
As invitacións para acudir a este evento, poderasne recoller no Centro Cívico Cultural o mesmo día 3 de xaneiro, dende as 10.00 ata as 13.00 e de 16.30 ata o comezo do espectáculo.
Mamma Mia! e un musical escrito por Catherine Johnson baseado nas cancións do grupo sueco ABBA, e está inspirada en Buona Sera, Mrs. Campbell, unha comedia de 1968.











