20.000 persoas patinaron na pista de xeo do Coliseum en decembro
La pista de hielo del Coliseum es la más grande de Galicia y la más grande de cuantas se montan en España de manera estacional. El Ayuntamiento logra con esta iniciativa, que se ha convertido en un clásico de la temporada de invierno, que
A pista de xeo do Coliseum é a máis grande de Galicia e a máis grande de cantas se montan en España de maneira estacional. O Concello logra con esta iniciativa, que se converteu nun clásico da temporada de inverno, que A Coruña sexa un referente a nivel de lecer na comunidade galega. Son máis de 1.000 metros cadrados de xeo, repartidos en dúas zonas de patinaxe diferenciadas (unha para iniciación e outra para uso xeral). Ademais, as instalacións contan con 750 pares de patíns, entre os que están os adaptables de dobre folla para os máis pequenos e, por primeira vez, patíns do número 48.
As tarifas mantéñense na liña de anteriores edicións. Os prezos básicos son 5 euros por unha hora de sesión e de 7,5 euros se o usuario non ten patíns propios. Co obxectivo de promover a actividade entre o público infantil, o prezo para os escolares rebáixase á metade, sendo 4 euros se se inclúe o aluguer dos patíns. De feito, mantéñense os descontos de máis do 40% para os grupos escolares.
A Concellería de Cultura informa de que tamén se ofertan tarifas especiais. Así, a patinaxe ilimitada é de 10 euros co aluguer de patíns e de 5,50 euros se o usuario conta con patíns propios e, ademais dos habituais abonos, unha das novidades foi a Tarxeta Aquí tes 10 € para patinar, que implica un desconto por esa cantidade acumulado en diferentes sesións de patinaxe.
Os horarios mantéñense en relación a anos anteriores:
• Público en xeral:
De luns a xoves, de 17.00 a 21.00 horas.
Venres, de 16.30 a 22.00 horas.
Sábados, domingos e festivos, de 11.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 22.00 horas.
Horarios especiais:
Sesións nocturnas: venres, sábados e vésperas de festivos, de 23.00 a 02.00 horas.
Período do Nadal (ata o 8 de xaneiro), de 11.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 22.00 horas.
• Grupos escolares:
De luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas.











