publicidade hoxe

Éxito da campaña “1KILO+” de recollida de alimentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalValdoviño
A-
A+

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais, informa que durante a campaña de recollida de alimentos levada a cabo no Nadal 2012-2013 en colaboración con Cáritas Valdoviño e o CPI ATIOS (alumnado e profesorado) foron recollidas 1.328 unidades de produtos: 820 kilos, 255 lotes de conservas, 166 unidades de produtos de Nadal e 87 lotes de produtos de hixiene. Foron beneficiarias 25 familias do Concello de Valdoviño.

O noso maior agradecemento pola participación da veciñanza.

15 de xaneiro de 2013 | 12:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.