O servizo de recollida retira 543 toneladas das festas de Fin de Ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

En concreto, retiráronse 370,91 toneladas de inorgánico, 119,94 de orgánico, 29,92 de papel/cartón e 22,34 de vidro. Aos 73 operarios que habitualmente realizan as 26 rutas de recollida, sumáronse 34 operarios, dos que 12 son condutores. O servizo reforzouse con 10 camións de carga traseira, 2 camións con guindastre pola mañá e 1 pola tarde.

En canto á limpeza viaria, 17 peóns, 4 varredoras e 2 alxibes sumáronse aos 23 condutores, 93 peóns e medios técnicos utilizados de forma habitual.

Por outra banda, o pasado martes, 26 de decembro, os servizos de limpeza recolleron un total de 562,34 toneladas de lixo, o que supón un incremento do 111,80% da recollida diaria e un 2,59% menos en comparación co ano pasado.

Estes datos confirman a tendencia detectada no último ano 2012, no que se rexistrou un descenso progresivo do lixo xerado polos coruñeses e coruñesas. En concreto, os cidadáns produciron 18.377 quilogramos ao día menos ca no 2011, o que supón un descenso anual do 6,20% que se se suma á diminución do 4,11% no 2011 con respecto ao 2010.

Servizo especial de Reis

O Concello tamén realizará un servizo especial os días 5, 6 e 7 de xaneiro con motivo da próxima festividade de Reis. Desta forma, o 5 de xaneiro pola tarde, día da Cabalgata, dispoñerase dunha varredora e 4 operarios para repasar o percorrido en canto finalicen os actos, mentres que os días 6 e 7 ampliarase unha ruta máis de recollida de papel e cartón.

A Área de Medio Ambiente lembra que ata o próximo 15 de xaneiro mantense o reforzo do servizo porta a porta de papel e cartón nas rúas comerciais da cidade.

3 de xaneiro de 2013 | 12:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.