Daniel Manuel Otero e Verónica Montes gañan o Dúatlon Cross
Daniel Manuel Otero e Verónica Montes (A.D. Fogar) proclamáronse vencedores en Ribadumia da primeira proba do Circuíto Galego de Dúatlon Cross, coa que se deu inicio á presente tempada. Na proba había un total de 150 deportistas inscritos.
A tempada recén comeza e iso puido apreciarse no resultado desta proba, na que gañou na categoría masculina David Manuel Otero Pampín (licenza dun día) cun tempo de 1 horas, 18 minutos e 06 segundos. A case trinta segundos, chegou Manuel Gómez (Monte Abaixo), mentres que terceiro foi Enrique Morán González (Club Atletismo Porriño), cun tempo de 1:20:08.
Na categoría feminina, non houbo sorpresas e proclamouse vencedora unha das habituais. Verónica Montes (A.D. Fogar) comezou a tempada igual que o pasado ano, gañando cun tempo de 1:39:56. A segunda posición foi para Priscila Suárez Méndez (Tríatlon Ferrol) a minuto e medio de distancia e na terceira chegou Teresa Barreiro (Club Deportivo Pinarium) cun tempo de 1:46:12.
Ademais, noutras categorías hai que destacar o triunfo de Irene Serrat (Cidade de Lugo Fluvial) na categoría júnior feminina e de Óscar Justo Villanueva (Motobike Pontevedra) na masculina. En veteráns gañaron José Manuel Gómez Bestilleiro (Monte Abaixo) e Belén Lemat (Cidade de Lugo Fluvial).
Os participantes tiveron que correr cinco quilómetros, facer 20 quilómetros en bicicleta de montaña e remataron con 2,5 quilómetros a pe. O Circuíto Galego de Dúatlon Cross está formado por catro probas: Ribadumia, Beariz, Candeán e Maside.











