Curso de fotografía no Centro de Desenvolvemento Rural do Torrón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalceda de Caselas
A-
A+

O 9 de Xaneiro do 2013 comezou no Centro de Desenvolvemento Local situado no Torrón o Curso de Fotografía : “Nivel Iniciación” que terá lugar en horario de tarde de 16:00 a 20:00 de luns a venres, acollendo un total de 40 horas lectivas e sendo o remate do curso o martes 22 de Xaneiro.

Este curso destinado a mozos e mozas de 16 a 35 anos, foi solicitado polo Concello de Salceda á Deputación, dentro do programa ACTÍVATE, e vai dirixido a persoas con idades correspondentes a un rango de 16 a 35 anos. Beneficiará a un total de 24 alumnos.

Ás persoas seleccionadas para a realización do curso, estáselles a comunicar a súa aceptación vía telefónica a través da Oficina de Formación da Deputación de Pontevedra. De ter dúbidas de se algunha persoa figura inscrita no curso ou non, deberá contactar con dito departamento.

Este curso terá a súa continuidade nun segundo de “Fotografía Avanzada”, concedido o Concello de Salceda de Caselas.

14 de xaneiro de 2013 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.