Cine de inverno II na Guarda
A programación de xaneiro e febreiro oscilará entre a comedia europea e películas de Óscar.
Lugar: Centro Cultural de A Guarda
Fecha: Xoves 17 e 31 de xaneiro e 14 e 28 de febreiro
Hora: 20,30h.
Dende a concellería de cultura seguimos apostando pola programación de cine, vista a boa aceptación das proxeccións ata a data.
Para afrontar esta segunda parte do inverno (xaneiro e febreiro) imos combinar a programación introducindo títulos variados na súa temática, mantendo sempre o nivel de calidade e difusión de novos títulos que nos marcamos dende o departamento de cultura.
Deste xeito, para o mes de xaneiro, seguiremos con filmes de comedia un pouco diferentes, títulos que nos achegan bonitas e entretidas historias, tocadas sempre con un puntiño de humor, e que foron producidas lonxe dos grandes platós de Hollywood, neste caso trátase de producciones europeas: “SOUL KITCHEN” (17 de xaneiro) e “GOOD BYE LENNIN” (31 de xaneiro).
Para o mes de febreiro cambiamos de terzo totalmente e lle rendemos un pequeno tributo á celebración anual dos Premios Óscar, polo que propoñemos dous filmes sinalados en diferentes edicións. O día 14 de febreiro proxectaremos The Artist, película gañadora como mellor película na última edición (levou 5 estatuillas de 10 nominacións), que ademáis foi revolucionaria no tema e no formato. E para o 28 de febreiro WEST SIDE STORY, que gañou 10 óscar de 11 nominacións no ano 1961. De feito é a película que máis estatuillas levou despois de Titanic, Benhur y El señor de los anillos.
A cita continuará sendo como ata agora, en xoves alternos ás 20.30h.











