Canalización do abastecemento de auga en Cabo da Cruz

Operarios realizando a canalización
Actuación moi necesaria promovida ante a evidente obsolescencia funcional que presenta esta instalación de fibrocemento de hai máis de 30 anos, que na actualidade e, debido ó aumento da demanda pola posta en funcionamiento de novos inmobles e o envellecemento da instalación actual, sofre cada vez con máis frecuencia avarías e roturas que a fan insostible, sendo necesaria a súa completa renovación.
As operacións que se plantexan son as seguintes:
– Corte e elevado da beirarrúa existente
– Escabación ata cota de 1 m de profundidade e 60 cm. de ancho, e retirada da actual rede de auga potable.
– Instalación de nova rede de auga potable de DN 2001 en pevc, con presión comprendida entre 16-20 atm.
– Execución dos enganches as vivendas e edificios públicos existentes incluidas arquetas para mantemento posterior.
– Execución de arquetas xerais de corte e purga
– Reposición de zanxa coas terras propias, e reposición da beirarrúa ó seu estado orixinal.
O proxecto recolle dúas actuacións en áreas claramente diferenciadas a primeira na que xa se está a traballar entre Cabo de Cruz – Boiro, e a segunda nun tramo da Avda. Compostela cunha lonxitude que se aproxima os 400 m. lineias.
A totalidade da obra vai ser executada con medios materiais e personal do propio Concello, financiada cunha achega da Diputación da Coruña de 424.495,06 € dentro dos plans de cooperación cos concellos e 103.884,87 € de fondos propios do Concello.
Está previsto un prazo de execución de seis meses para rematar as obras, polo que este Goberno quere apelar a comprensión e tranquilidade da cidadanía que terá que sufrir as molestias propias destas actuacións, pensando que, esta obra vai supeñer unha mellora moi importante na calidade do suministro e servicio que se presta.











