Bolsas de xerencias en cooperativas
A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado UGACOTA, a Consellería de Traballo e Benestar da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia e Novagaliciabanco, convocan unha nova edición de prácticas xerenciais en cooperativas, na que tamén colaboran as asociacións Sinerxia, Ugacomar e UCETAG.
Fecha límite convocatoria: do 2 ao 18 de xaneiro de 2013.
Obxecto convocatoria: seleccionar 3 persoas, menores de 35 anos, desempregad@s, recén titulad@s e formad@s na área empresarial para incorporarse nalgunha das 3 cooperativas beneficiarias durante un periodo de 9 meses a razón de 25 horas semanais.
Máis información: Orientadora Laboral Concello de Cee (2º andar) ou ben no teléfono 981.745100











