publicidade hoxe

Bases para o concurso de comparsas do Concello de Fisterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFisterra
A-
A+

O Departamento de Cultura do Concello de Fisterra informa que xa está aberto o prazo de inscrición ao Concurso de Comparsas do Entroido fisterrán que se celebrará o vindeiro martes, 12 de febreiro, ás 18:00h. na praza da Constitución.

PREMIOS:
1º PREMIO……….1.500,00€
2º PREMIO……….1.200,00€
3º PREMIO…………900,00€

En caso de empate, o xurado decidirá nunha nova votación á comparsa gañadora.
O resto das comparsas participantes que non obteñan ningún premio recibirán unha axuda económica de 300€.

Os aspectos a punturar serán:
-PRESENTACIÓN (disfraces,maquillaxe,…)
-CALIDADE ARTÍSTICA (música, posta en escena, organización)
-CONTIDO DAS CANCIÓNS OU LETRAS

A puntuación será do 1 ao 10 por cada aspecto. A suma dos puntos obtidos outorgará a clasificación pertinente.

O ditame do xurado será inapelable.

Establécese a condición na que as comparsas anotadas están na obriga de participar no desfile que se celebrará o sábado día 9 de febreiro.

O tempo de actuación non sobrepasará os 30 minutos. No caso de que esto suceda, o xurado penalizará a comparsa que non cumpla as bases.

O número de participantes en cada comparsa será como mínimo de 15 persoas, sendo o representante da mesma maior de idade.

INSCRICIÓN: Nas oficinas do Concello de Fisterra en horario de 08:30 a 14:30h antes do 1 de febreiro.

14 de xaneiro de 2013 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.