Tiro con arco, pádel, xogos acúaticos, obradoiros de doces e… cabalgata

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal
A-
A+

Continuando co programa de actividades promovidas polo Concello de Ares, a través das áreas de Deportes e Cultura, está previsto que hoxe e mañá xoves se desenvolvan os “Días deportivos”. Así, hoxe haberá xornada de portas abertas da Escola Municipal de Tiro con Arco, de 10.30 a 13.00 horas, para todas as persoas que desexen participar, mentres que mañá, baixo estes mesmo criterios e dende as 10.00 ata as 13.00, haberá pádel con monitor.

Tamén mañá xoves a Biblioteca Municipal acollerá un obradoiro, o de doces de Nadal. Esta actividade, dirixida a nenos e nenas a partires de tres anos, comezará ás cinco da tarde.

Xa o venres, as familias poderán disfrutar dunha xornada de portas abertas no Complexo Acúatico do Castro. Así, entre as 16.15 e as 19.15 horas, as persoas que o desexen –os menores de 12 anos so poderán participar acompañados dun adulto- poderán tomar parte de diversos xogos acúaticos, accedendo de balde en dito horario ás instalacións deportivas.

Finalmente, o sábado 5 de xaneiro terá lugar polo municipio a tradicional Cabalgata de Reis. A cabalgata sairá sobre as 16.30 horas da Praza do Pedregal e percorrerá Barracido, Pedrós, Chanteiro (O Outeiro), CIRS de Cervás e a vila Ares, en torno ás 18.30. A esta hora, as carrozas pasarán pola Porta do Sol, avenida de Redes, Saavedra Meneses, praza da Igrexa, rúa Real, avenida de Mugardos, Celso Emilio Ferreiro e, finalmente, chegada ao pavillón, lugar no que as súas Maxestades de Oriente recollerán as cartas que aínda que non lles enviaron os nenos e nenas deste municipio.

Xa dende as seis da tarde, no pavillón haberá xogos con hinchables e outras actividades para os máis pequenos da casa.

3 de xaneiro de 2013 | 13:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.