Aberta a inscrición para o desfile do “Antroido 2013”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalXove
A-
A+

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, pon en marcha unha nova edición do DESFILE DE ANTROIDO para este ano 2013, o cal vai percorrer distintas rúas de Xove o SÁBADO 9 DE FEBREIRO A PARTIRES DAS 5 DA TARDE. O período de inscrición xa está aberto, e a mesma hai que realizala en:

Concello de Xove, oficina do Técnico de Cultura (horario de oficina de 8:00 a 15:00 horas –os luns de 8:00 a 14:30 e de 16:00 a 19:00 horas-) ata o venres 8 DE FEBREIRO incluido, ou ben, chamando por teléfono ao Concello.

O mesmo día do desfile (9 DE FEBREIRO) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.

O Concello ten previsto que tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 9 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.

PREMIOS QUE SE VAN ENTREGAR NO DESFILE:

Carrozas.- 1º premio: 450 €.- 2º premio: 250 €.- 3º premio: 150 € .- 3º premio: 150 €
Comparsas e grupos de dez persoas ou máis.- 1º premio: 250 €.- 2º premio: 200 €.- 3º premio: 125 €.- 3º premio: 125 €
Grupos de 3 a 9 persoas.- 1º premio: 110 €.- 2º premio: 80 €.- 3º premio: 50 €.- 3º premio: 50 €
Parellas.- 1º premio: 60 €.- 2º premio: 50 €.- 3º premio: 40 €.- 3º premio: 40 €
Individuais adultos.-1º premio: 50 €.- 2º premio: 40 €.- 3º premio: 30 €.- 3º premio: 30 €
Individuais infantil (nenos).- 1º premio: 40 €.- 2º premio: 30 €.- 3º premio: 20 €.- 3º premio: 20 €
Individuais infantil (nenas).- 1º premio: 40 €.- 2º premio: 30 €.- 3º premio: 20 €.- 3º premio: 20 €

14 de xaneiro de 2013 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.