A Strauss Festival Orchestra ofrece un concerto de Ano Novo en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

A Strauss Festival Orchesta visita Ourense para ofrecer un concerto de ano novo o vindeiro día 9 no Auditorio Municipal ás 20.30 h. Esta actuación, inspirada na tradicional cita musical que cada ano se celebra en Viena, leva máis de 23 anos enchendo os principais auditorios de toda Europa.

A Strauss Festival Orchesta, interpreta unha atractiva selección dos mellores valses, polcas e marchas de Johann Strauss. O ballet, desenvolve estilizadas coreografías e luminosos vestiarios, restituíndo un aspecto esencial a aquelas composicións musicais concebidas para acompañar a danza. A traxectoria desta orquestra foi forxada a través de innumerables presentacións ao longo das temporadas europeas de concertos nos cales tiña o privilexio de difundir o tradicional _Gran Concerto de Ano Novo_, achegando a música de Johann Strauss a un público máis amplo e entusiasta.

A Strauss Festival Orchesta, está integrada por profesores e solistas da maior calificación musical e profesional. A súa traxectoria, mantén vivas as expresións artísticas típicamente vienesas, sen esquecer o espíritu xovial e festivo que anima a música co rigor estilístico habitual nas súas interpretacións.

Xunto con esto, o programa está dotado dun verdadeiro carácter escénico a través de estilizadas coreografías e luminosos vestiarios creados para ilustrar algúns dos números musicais, o ballet restitúe unha parte esencial a aquelas composicións que foron concebidas precisamente para acompañar a danza.

As entradas poden mercarse en servinova.com, ou na propia taquilla do Auditorio Municipal desde dúas horas antes do inicio do espectáculo.

3 de xaneiro de 2013 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.