Xornada sobre a Cultura Emprendedora
A concelleira de Emprego, Marisol Valado, presentou na mañá de hoxe, a xornada que, sobre a Cultura Emprededora, se desenvolveu no Auditorio Reveriano Soutullo coa participación de máis de 200 mozos e mozas dos institutos CEIP A Granxa e o IES Pedra dá Auga.
Marisol Valado explicaba que un dos principais obxectivos desta iniciativa “era a de animar aos estudantes a embarcarse en proxectos empresariais cos que se poda xerar autoemprego”.
Este sistema é, segundo Valado Pérez, unha máis que interesante forma “de entrar no mercado laboral, poñendo en marcha as nosas propias ideas, dando forma aos nosos proxectos e crear empresas viables e con futuro”.
A xornada, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, Cámara de Comercio e Concello de Ponteareas no marco do Proxecto Europeo Antenas Camerales: Servizos de Proximidade á Pequena e Mediana Empresa, estaba dirixida a estudantes de Formación Profesional e a todos aqueles que cursan materias de economía, empresa que pretendan poñer en marcha algún proxecto empresarial.
Para facerlles chegar a idea da Cultura Emprendedora, aos máis de 200 mozos e mozas participantes, un técnico especialista ofreceulles unha charla informativa sobre o desenvolvemento de ideas de negocio e un emprendedor.
Comezou falándolles da idea empresarial en si, o plan de empresa, nocións sobre tramitación, constitución e recursos, e expón toda a información necesaria sobre o autoemprego, amais de expóñenlles as posibilidades que teñen á hora de crear unha empresa propia, así como as axudas que existen á hora de decantarse polo emprendemento, en lugar de traballar para terceiros.
Por outra banda, o conferenciante ofreceulles a súa experiencia en primeira persoa, como xurdiu a idea do negocio que actualmente ten en marcha, os pasos dados para iniciar a súa actividade, os problemas que tivo que solucionar e os organismos que lle axudaron a arrancar o seu proxecto.
Finalmente, aos participantes nestas xornadas, fíxoselles entrega dunha carpeta con toda a información e os contidos das charlas











