Xornada de portas abertas no centro de persoas discapacitadas “Vontade”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTomiño
A-
A+

Visita durante a xornada de portas abertas

O centro de recursos para persoas con discapacidade da asociación Vontade de Tomiño realizou este domingo, 16 de decembro, unha xornada de portas abertas para amosar as novas instalacións.

A Comunidade de Montes da Parroquia de Tomiño estivo de visita no centro acompañada pola corporación municipal do Concello de Tomiño, quen percorreron as instalacións dende as 11:00 horas e ata as 14:00 horas, podendo ver e atender ás explicacións que lles ofreceu o Presidente da entidade, Miguel Pazo Paramos, nas que describía cada unha das dependencias e o uso que teñen.

Estas instalacións foron posibles grazas á cesión do terreo por parte da comunidade, quen amosou a súa conformidade co resultado final do proxecto.

Os convidados, entre os que se atopaban tamén a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o concelleiro de Benestar Social, Jesús Montero, puideron percorrer todas as instalacións que acollen de luns a venres ás persoas usuarias do centro procedentes da comarca do Baixo Miño e concellos dos arredores.

Ao remate da visita, falouse da intención de inaugurar as novas instalacións no mes de febreiro de 2013.

18 de decembro de 2012 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.