X Concurso Infantil de Postais de Nadal “Felicítanos o Nadal 2012”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarralLocal
A-
A+

O Concello de Carral, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, convoca outro ano mais, e xa van dez, o concurso infantil de Postais de Nadal 2012.

Este concurso infantil, conta con 3 categorías, de 3 a 5 anos, de 6 a 9 anos, e a terceira de 10 a 12 anos.

Todas e todos os nenos que desexen participar, deberán entregar a súa postal de Nadal, na Casa da Cultura, ata o día 26 de decembro. Estas poderán incluír debuxos, recortes, ou o que cada participante desexe, sendo a orixinalidade e a creatividade o mais valorado de cara a seleccionar a postal gañadora en cada categoría. Haberá un gañador por categoría, que recibirá o correspondente premio.

Os gañadores daranse a coñecer o venres día 28 de decemnbro, na entrega de premios que se realizará na sala de audiovisuais da Casa da Cultura, a partir das 17:00 horas. A continuación haberá unha sesión de contacontos, rematando a xornadacon unha merenda para todos/as os/as participantes.

BASES CONCURSO INFANTIL POSTAIS DE NADAL “FELICÍTANOS O NADAL2012”

1.- O concurso terá tres categorías:
Nenos/as de 3 a 5 anos.
Nenos/as de 6 a 9 anos.
Nenos/as de 10 a 12 anos.

2.- O contido das postais debe facer referencia ó Nadal, en galego e indicando o nome e apelidos, a idade e o teléfono, no momento de presentar a postal.

3.- O xurado do concurso, composto polo responsable do departamento de Xuventude, a bibliotecaria e o informador xuvenil valorará o contido, a orixinalidade e creatividade da postal, na que se pode incluír debuxos, recortes, frases en galego, e todo o que se lles ocorra os rapaces e rapazas.

4.- Haberá tres premios, un para cada modalidade, e ademais tódolos participantes recibirán un diploma.

5.- Deberase entrega-la postal na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), na Casa da Cultura de Carral.

6.- O prazo de presentación rematará o día 26 de decembro de 2012.

7.- A entrega de premios realizarase o día 28 de decembro de 2012 ás 17:00 h, no Sala de Audiovisuais da Casa da Cultura. Ademais, ese mesmo día, poderase desfrutar dunha pequena merenda e un contacontos, apta para todos os públicos.

19 de decembro de 2012 | 11:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.