publicidade hoxe

Visita ó Belén Electrónico de Begonte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBegonteLocal
A-
A+

O Belén de Begonte celebra este ano a XLI edición, creouse no ano 1972, da man de José Domínguez Guizan e José Rodríguez Varela fillo predilecto a título póstumo do Concello de Begonte, recoñecéndose así a súa persoa, o situar a Begonte como un lugar de visita imprescindible en Nadal, el ocupouse da posta en marcha así como da renovación permanente do Belén e das súas figuras.

Trátase dun belén con vida propia, no que as figuras están animadas electrónicamente e que se renovan cada ano, conxuntamente, conforman unha escena do Belén tradicional axeitado a Galicia, onde os labregos cultivan a terra, os pastores atenden o gando, os carpinteiros fan as súas labores, os pescadores pescan, onde ademais se representa o día, a noite, tormentas…

No sala inmediata ó Belén montouse o Museo do Belén onde se gardan as figuras, casas, e todas aquela pezas que van sendo renovadas

Anualmente o Belén ten uns 40.000 visitantes de tódalas idades, non so de Galicia senón tamén, de todos aqueles que veñen a pasar o Nadal a nosa comunidade, pódese visitar dende o día 1-12-12 ata o 26-1-2013.

Horario de visitas do Belén de Begonte:
Dende o 1-12-2012 ata o 21-12-12:
Festivos e fins de semana: 11h a 13h e de 15h a 19h

Laborais: solo visitas concertadas.
A partir do 22-12-12 ata o 6-1-13:
Tódolos días: 11h a 13h e 15h a 19h
Dende o 7-6-13 ata o 26-1-13

Festivos e fins de semana: 11h a 13h e de 15h a 19h
Grupos: avisar previamente ó teléfono 982.39 61 21

18 de decembro de 2012 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.