publicidade hoxe

VII Mercado sen Cartos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOuteiro de Rei
A-
A+

O venres 21 de decembro en horario de 16:00 a 18:30 h terá lugar no Centro Cultural a sétima edición do Mercado sen Cartos.

Está iniciativa, promovida polo Concello de Outeiro de Rei, vai gañando adeptos ano a ano pois os rapaces implícanse facilmente na mesma aínda que é moi necesaria a contribución dos pais e das nais. Son eles os que deben concienciar aos seus fillos e fillas no consumo responsable, na idea de que non todo é mercar se non que hai moitas cousas que están esquecidas nas casas, que non se utilizan pero que poden ter valor para alguén (moitas delas terminan en moitos casos nos contedores). Unha boa saída para eses obxectos polos que xa non temos interese é levalos ao mercado onde poderán trocarse por outros que nos interesen máis.

Pódense intercambiar xoguetes, libros, revistas, DVDs, videoxogos… usados pero coa condición de que se atopen en bo estado e xa non teñamos interese por eles.

Os obxectos pasarán a ser propiedade das persoas que os intercambien, selándose o trato entre as partes cun apertón de mans.

Haberá bocatas e augas para @s rapac@s que participen.
Ademais, a ANPA do CEIP Laverde Ruiz realizará antes do intercambio un taller de xoguetes (recuperación e realización dos mesmos).
O prazo para anotarse permanecerá aberto ata o día 18 de decembro. Pódese acadar máis información na Casa da Cultura de Outeiro de Rei, tfno.: 982 393 408.

18 de decembro de 2012 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.