publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

VI Campamento de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMaside
A-
A+

O Concello de Maside pon en marcha as actividades dirixidas aos máis cativos/as con esta actividade.

Esta actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos.

O O Campamento levarase a cabo en horario de mañá entre as 10,30 h e as 13,30 horas. Dará comezo o vindeiro venres 21 de decembro no Colexio da Alameda de Maside.

Durante o transcurso da actividade os rapaces e rapazas realizarán distintas tarefas como: taller de pintura, xogos cooperativos, taller de barro, taller de papiroflexia,…. ademáis das xa tradicionais visitas ás distintas residencias de maiores do noso concello para animar aos nosos maiores con panxoliñas.

A actividade terá un custo de 12 € para os cativos empadroados no concello e 15 € para os non empadroados.

as inscricións realizaranse nas Oficinas dos Servizos Sociais sitas no Centro de Saúde de Maside ou no teléfono 988 40 11 08 (Yolanda)

18 de decembro de 2012 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.