Últimas prazas para o curso de manipulador de alimentos do 21
O multiusos de Frades acollerá o vindeiro venres 21 de decembro un curso de manipulador de alimentos organizado polo Concello de Frades e que terá lugar entre as 16:00 e as 19:00 horas. Un curso formativo para o que aínda quedan prazas libres, polo que é posible anotarse na Casa do Concello ou chamando ao 981 695 567.
O curso, de tres horas de duración, está dirixido a todos aqueles veciños interesados en conseguir ou en renovar este carné, que facultan aos alumnos para obter traballo en empresas relacionadas coa manipulación de alimentos no sector hostaleiro (camareiros, panadeiros, dependentes de ultramarinos), alimentario, comedores escolares… Ao longo deste obradoiro, os alumnos adquirirán coñecementos relacionados coa nutrición e coa hixiene e a manipulación dos alimentos. Ademais, analizarán os métodos para a conservación dos alimentos e os riscos que supón a súa alteración.











