Santiago Emprega forma en carpintería e mantemento de webs

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

A concelleira de Benestar Social e Emprego, Paula Prado, e a directora xeral de Emprego e Formación, Ana Díaz, inauguraron no edficio Cersia o obradoiro de emprego Santiago Emprega. Durará seis meses, contará cunha inversión de 315.000 euros e permitirá a contratación de 37 persoas.

Este programa mixto de formación e emprego ten unha dimensión tripla. Por unha banda, busca mellorar a empregabilidade dos traballadores ao ofrecerlles unha formación para o emprego en alternancia co desempeño dunha actividade real e produtiva de calidade, da man dos expertos que as imparten; por outro lado, ten unha notable utilidade social, xa que acada a realización de actuacións de mellora das dotacións públicas no ámbito local, que repercuten na mellora da calidade de vida e dos servizos para toda a sociedade.

Neste caso, un total de 15 alumnos formaranse en carpintería, e outros 15 para o deseño e mantemento de páxinas web. En concreto, desenvolveranse obras de acondicionamento e mellora do centro de formación ocupacional de Sanxúans de Aríns, e elaboraranse e manteranse páxinas web da área municipal e de asociacións de ámbito social. Os participantes que superen con éxito o curso obterán un certificado de profesionalidade con validez estatal.

Para este proxecto, a Consellería de Traballo e Benestar destina preto de 265.000 euros, aos que se suma unha achega do Concello para un investimento total de 315.000 euros.

21 de decembro de 2012 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.