Tenda de Nadal na Pobra do Caramiñal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do CaramiñalLocal
A-
A+

Ó longo dos días 21, 22 e 23 do mes de decembro, os pobrenses terán a oportunidade de disfrutar dunha campaña comercial un tanto especial. A iniciativa do Centro Comercial Aberto Deán en colaboración co Concello da Pobra do Caramiñal, presentada polo concelleiro, Andrés Millán, e Amparo Cerecedo, levarase a cabo nunha carpa que se ubicará na rúa Castelao.

Durante tres días máis de 20 establecementos ofrecerán ós veciños a posibilidade de atopar os agasallos de Nadal sen ter que facer longos percorridos cunha ampla oferta en productos textís, de electrónica, fotografía, deportes, bixutería… Ademais está previsto que todos poidamos disfrutar de varias actuacións en vivo, servizo de ludoteca, concursos, cine infantil, …

O Concello da Pobra e o Centro Comercial Aberto Deán animan a tódolos pobrenses a participar desta iniciativa.

21 de decembro de 2012 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.