publicidade hoxe

Programación cultural para o Nadal 2012-2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxeLocal
A-
A+

Coma ben saberedes, a programación cultural para este nadal deu xa comezo a pasada fin de semana coa celebración o sábado 15 da IX Edición do Festival de Panxolinas na Igrexa de Santa María da Atalaia e coa Presentación e acto literario-musical da escolma poética Versus, celebrada esta no Salón de Actos Municipal o domingo 16

Este foi só o comezo dun Nadal cheo de actividades que, grazas á colaboración establecida con diferentes entidades e colectivos dará pé a programación que podedes consultar no arquivo adxunto: Programación Cultural Laxe 2012-2013. Nela atoparedes as seguintes: visitas do Papá Noel, Concertos de Panxolinas, Obradoiros para os máis pequenos, Obradoiros para todas as idades de decoración de carrozas e por último, Cabalgata e Festa de Reises.

Así mesmo atoparedes información relativa á Campaña Solidaria de recollida deste ano: “Material escolar de calidade para todos”, á que vos animamos que contribuiades tal e como o vindes facendo durante as últimas catro campañas postas en marcha.

Lembrarvos que un nadal máis, os Reises de Oriente siguen a buscar colaboracións para poñer en marcha a Cabalgata en Laxe. Sen a vosa colaboración e implicación nesta actividade, é probable que non puidera realizarse. No caso de estar interesados/as, deberedes poñervos en contacto co Departamento de Cultura ben mediante teléfono 981 70 69 71 ou por correo electrónico en cultura@concellodelaxe.com.

Dende o Departamento de Cultura, un ano máis, agardamos que todas as actividades propostas resulten do voso agrado, animándovos a que participedes nelas e aproveitedes a ocasión para que, tanto pequenos coma maiores, gocedes unha vez máis de cada unha das propostas nacidas coma resultado do traballo colaborativo.

Así mesmo, queremos aproveitar a ocasión para desexarvos que teñades as mellores festas posibles e unha mellor entrada de ano 2013.

21 de decembro de 2012 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.