Presentada a 18ª Carreira pedestre San Silvestre do día 31

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugo
A-
A+

Díaz Grandío anima ós veciños a participar nesta popular carreira para despedir o ano facendo deporte

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío; acompañado polo Xerente do Clube Fluvial, José Penelo, e polo Presidente do Clube Media Maratón, Manuel Castiñeira, presentou hoxe a 18ª Carreira pedestre San Silvestre que se disputará o día 31.

Díaz Grandío animou a todos os lucenses a participar nesta última competición deportiva do ano. “Qué mellor maneira de acabar o ano podemos ter que participando nunha carreira pedestre popular como ésta”, sinalou o Concelleiro que animou ós lucenses a disfrutar do deporte e agradeceu o esforzo que fai o Clube Fluvial na organización da San Silvestre de Lugo, que este ano chega a súa maioría de idade.

José Penelo manifestou que a organización agarda que este ano a participación sexa semellante á de anos anteriores, cando rondou as 600 persoas.

A Carreira comezará ás 16.15 hora con saída e chegada na zona do Paseo fluvial próximo ó Pazo de Feiras, no caso das carreiras infantiles e con saída no mesmo lugar e chegada no Clube Fluvial, no caso dos adultos.

Para os nenos haberá catro categorías por idades: mini que terá unha lonxitude de 0,5 kilómetros, A cunha lonxitude de 1 km, B que será de 2 km e C e D que será de 3 km.

Os adultos correrán unha distancia de 6,5 kilómetros e haberá cinco categorías, segundo as idades.

A organización entregará trofeos ós tres primeiros clasificados de cada categoría.

28 de decembro de 2012 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.