publicidade hoxe

Os alumnos e alumnas de Baíñas descobren a exposición de Nodar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVimianzo
A-
A+

A exposición de Antonio Nodar …from portrait to self-portrait… chegou a Baíñas da man do fotógrafo muxián Xesús Búa que desvelou aos alumnos e alumnas do Ceip de Baíñas os segredos da fotografía e as peculiaridades da obra do fotógrafo de Baíñas. Os nenos e nenas coeñeceron a obra dun veciño que marchou do lugar do Outeiro cando tiña 17 anos rumbo a londres onde conseguiu dedicarse á súa paixón, a fotografía, triunfar como fotógrafo, chegando a expoñer por todo o mundo.

Xesús Búa conseguiu cautivar o alumnado de Baíñas que gozou do didáctico programa impartido polo fotógrafo muxián de principio a fin, e conseguiu despertar nos oíntes a paixón pola fotografía.

O alcalde e a concelleira de Benestar Social estiveron presentes tamén na inauguración da exposición, que permanecerá exposta no colexio de Baíñas ata o vindeiro día 14 de xaneiro.

21 de decembro de 2012 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.