O programa Vivir Aquí da Galega, no noso Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedoLocal
A-
A+

O programa Vivir Aquí, da Galega estubo en Cerdedo.

O programa reflicte as realidades cotiás que non sempre chegan aos titulares, “Vivir aquí”, segue os novos aprendices que fan posible que a artesanía, os produtos tradicionais feitos a man, aínda teñan un valor especial ben entrado o século XXI.

Os reporteiros analizarán os casos de dous canteiros, un Francisco Pazos, de Meaño, Pontevedra, un dos grandes nestes momentos que xa non fala o “verbo dos arxinas”, aquela linguaxe especial que usaban os vellos canteiros para que ninguén lles entendese; e o outro é David Bouzán, canteiro xubilado de Cerdedo, co que recordamos o vello son dos “arxinas”.

14 de decembro de 2012 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.