Rafael Louzán visitou A Cañiza para tomar nota das necesidades da Vila

Rolda de prensa coa presenza do presidente da Deputación
Na visita oficial que o Presidente da Deputación realizou o pasado 14 de decembro á vila da Cañiza, o Alcalde, Miguel Domínguez, manifestoulle a súa preocupación polo estado que presenta a ponte románica de Achas. Precisamente esta ponte é, hoxe en día, o único vial de acceso ao Santuario da Nosa Señora a Virxe da Franqueira, que conta con miles de devocións e que todas as fins de semana acolle a centos de persoas. Precisamente por este motivo o actual Alcalde retomou unha das maiores reivindicacións do anterior rexedor, César Mera, quen forzou a construcción dun novo vial alternativo para preservar este Patrimonio. Ata o de agora a obra de construcción do novo vial estaba paralizada por estar pendente do informe favorable da Comisión de Patrimonio da Xunta de Galicia na época do bipartito. Posteriormente motivos orzamentarios impediron que se continuara coa tramitación deste proxecto. O pasado venres, 14 de decembro, o Alcalde volveu a exponerlle a súa preocupación polo estado da ponte polo que atravesa a Estrada Provincial 5102 e cuio mantemento e conservación depende da Deputación.
Ademáis de solicitar a construcción desta nova variante, o Alcalde lle trasladou a necesidade de acondicionar a nova zona industrial sita no antiguo Mercado do Gando, a mellora das estradas provinciais con pintado e colocación de vallas e quitamedos nas zoas máis necesitadas das estradas: E.P. 5102 Achas – A Franqueira, E. P. 5005 A Cañiza – Crecente., E.P. 5003 Cañiza – Arbo.
Tamén lle solicitou a cooperación do organismo provincial para fomentar o comercio local cunha axuda económica para volver a sacar a campaña de fomento do pequeno comercio iniciada este ano de 2012, baixo o lema “Mercar na Cañiza ten premio” e que non contou con nengún tipo de respaldo económico de ningunha administración. Esta campaña tivo unha grande acollida por parte dos nosos veciños.
O Alcalde tamén solicitou a colaboración da Deputación para a execución dos traballos de construcción dun novo sendeiro peonil bordeando o regato do “Regueiro”, en pleno casco urbano, tamén material para a mellora dos accesos á explotación de Porco Celta na zona de Deva da parroquia de Petán e material deportivo para a celebración de varias actividades deportivas municipais, colaborando cos clubes da localidade.
Por último o Alcalde solicitou ao Presidente Provincial axudas para impulsar o ANO XUBILAR DE A FRANQUEIRA, na honra da nosa Señora Santa María de A Franqueira con motivo do aniversario dos 50 anos da súa Coroación Canónica.
Nesta visita o Presidente e a pesares do temporal, tamén inspeccionou as obras executadas neste ano e medio de lexislatura de Miguel Domínguez nas que interviu a Deputación de Pontevedra.











