O Plan de banda longa da Xunta dará cobertura a tres núcleos de Melide
A torre de telecomunicacións que a Xunta de Galicia posúe no polígono de A Madanela dará cobertura a tres núcleos do concello de Melide dentro do programa de actuación 2010/2013.
Trátase dunha actuación que incrementará a cobertura nos núcleos de poboación do Leboreiro, O Meire e o Coto, dentro do concello de Melide.
Ditas actuacións darán comezo o vindeiro ano 2013 para que no primeiro semetre teñan rematado e incrementen a cobertura de banda no acceso á rede.











