O Coro Liceo estrea a Misa na Honra do Apóstolo Santiago en Nadal
O Tradicional Concerto de Nadal organizado pola Concellería de Cultura celebrarase o venres 28 de decembro, a partir das oito e media da tarde na igrexa parroquial Santa Eulalia de Arealonga. O Coro Liceo Vilagarcía será o protagonista do evento que inclúe como principal atractivo do programa a estrea en Vilagarcía da Misa na Honra do Apóstolo Santiago, obra do compositor galego J. Montes. A entrada é libre de balde.
Ademais de interpretar por vez primeira en Vilagarcía a Misa dedicada ao Apóstolo, o Coro Liceo Vilagarcía elaborou un programa moi especial para o Concerto de Nadal que inclúe varias xoias de música sacra e cantigas do Nadal, entre as que se inclúen obras de Bach, Haydn, Espona e J.H. Maunder. Precisamente, outra das pezas que se poderán escoitar por primeira vez en Vilagarcía será a panxoliña inglesa deste último músico. O Coro dirixido por Margarita Guerra contará coas intervencións da soprano Loli Crespo; a mezzo, Sonia Bouzada e o tenor José Luis Prado. Ademais, contarase coa intervención do organista Alejo Amoedo.
PROGRAMA:
Te Deum Laudamus F.J. Haydn
Aria da cantata nº 3 J.S. Bach
Mezzo: Sonia Bouzada
Misa na Honra do Apóstolo Santiago J. Montes
Kyrie
Gloria
Sanctus
Benedictus
Agnus Dei
Magnificat de IV Tono F.M. Espona
Soprano solista: Loli Crespo
Christians, awake (Christmas) J.H. Maunder
Para solistas, coro e órgano
Los Reyes Magos (Navidad nuestra) A. Ramírez
Tenor solista: José Luis Prado
Órgano: Alejo Amoedo











