Na programación de Nadal, os máis pequenos serán os protagonistas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

Tal e coma vén sendo habitual por estas datas, o Concello vén de presentar a súa programación de actividades con motivos das festas deste Nadal 2012/ 2013, unhas das celebracións tradicionalmente máis agardadas, e que se inaugurará oficialmente o xoves día 20 de decembro.

Ao longo dos vindeiros días desenvolveránse unha serie de actividades, entre as que destacan exposicións, visitas de Papa Noel ou o Apalpador, certame de Vilancicos e Panxoliñas ou unha nova edición da Mostra de Teatro Infantil, que teñen coma obxectivo entreter a todos os públicos, en especial aos máis cativos.

A programación, organizada pola concellería de Educación e Cultura, foi presentada no Salón de Plenos, onde a concelleira, Ana Garrido, convidou a todas e todos a participar das actividades que comezan a partir vindeiro xoves ás 18.30 h na Praza de San Cosme. Nese emblemático emprazamento teremos a oportunidade de escoitar unhas panxoliñas interpretadas polos Nenos Cantores da Capela Madrigalista, así como volver a disfrutar do singular Belén de Arturo Baltar. Posteriormente, ás 19.30 h levarase a cabo o acendido da árbore de Nadal e o alumeado da Praza Maior.

A programación continúa co tradicional concerto de Nadal da Banda Municipal, que será o venres ás 20.00 h no Liceo, ese mesmo día, o Apalpador baixará das montañas para visitar aos nenos e nenas no Centro Cívico de Colón. Ese mesmo día, faranse públicos os Beléns gañadores do XVII concurso de Belén Públicos, que está dotado cun Primeiro premio, por importe de de 450 euros, segundo premio de 240, terceiro premio de 180, Premio Infantil: 120 euros e 6 accésits de 60 euros cada un. Os días seguintes haberá outro tipo de actividades coma Papa Noel, que estará nos soportais do Concello, onde recollerá as peticións dos máis pequenos, a XVIII Edición do Certame de Vilancicos e Panxoliñas na Igrexa de Santa Eufemia, os días 26, 27 e 28 ás 20.30 h.

18 de decembro de 2012 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.