Instalan marquesinas e dispositivos de suxeción de contedores
O Concello de Cedeira iniciou a instalación de catro novas marquesinas en parroquias da zona rural. O novo mobiliario urbano emprázase en paradas de autocar que, ata a data, carecían deste servizo. Neste sentido, a Concellería de Servizos explica que as novas marquesinas se dispuxeron en Piñeiro, San Román-Vila do Río, A Trabe e, nos próximos días, instalaráse a cuarta en Esteiro. As infraestruturas están realizadas en madeira tratada do país, co ánimo de asumir un modelo acorde co entorno. O pasado mes de outubro, o Concello instalaba outras tres marquesinas na zona rural –en Esteiro, San Román e Piñeiro-. Naquela ocasión, sustituíndo outras en avanzado estado de deterioro. Nun e noutro caso, a Administración local busca mellorar o servizo para os usuarios do transporte público. Por outra parte, o Concello tamén anunciou que procederá á instalación de dispositivos de suxeición de contenedores na zona rural. Unha medida que terá custe cero para as arcas municipais despois das xestións do goberno municipal para que a empresa concesionaria do servizo de limpeza asumise o gasto que conlevará. Deste xeito, a iniciativa dará resposta ás demandas veciñais planteadas neste sentido. A Administración local informa de que a instalación se realizará este mes e que se ubicarán unha trintena de dispositivos. Con eles, se reforza a seguridade de cidadáns, tanto peóns como conductores. O dispositivo consiste nunha barra fixa ao chan que “abraza” o contenedor impedindo que este se desprace polo efecto do vento.











