O Concello inicia o acondicionamento do Cemiterio Municipal
O Concello de Cedeira anunciou o inicio dos traballos de acondicionamento do Cemiterio Municipal da vila. Unha intervención que arrancaba esta mesma semana e que se prolongará por espazo de mes e medio cun orzamento conxunto cercano aos 20.000 euros. Operarios municipais estanse a encargar das tarefas, que permitirán adecentar o camposanto tras varios anos sen actuación algunha nas instalacións municipais. Así, dende a Concellería de Servizos apúntase que a intervención afectará a todo o peche exterior do cemiterio e accesos e á capela ubicada no seu interior. Precisamente, os traballadores municipais comezaban neste último emprazamento os traballos. A falla de ventilación do templo, unida á colocación permanente de velas por parte dos usuarios, provocou que nos últimos tempos a pintura das paredes perdese o seu color. Un problema que quedará agora resolto pintando o interior e instalando un sistema de ventilación nos ventanais do templo. Por outra banda, o Concello explica que, unha vez rematada esta intervención, procederáse ao acondicionamento dos muros que circundan o cemiterio. Os traballos iniciaránse retirando a pintura actual dos muros exteriores e aplicando un lavado a presión dos mesmos para, posteriormente, pintar a infraestrutura e a porta de entrada.











