publicidade hoxe

O Concello de Salceda inviste 92.051 euros nas asociacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalceda de Caselas
A-
A+

Reunión cos representantes das asociacións

O Concello de Salceda ven de asinar as 25 Subvencións nominativas dos Orzamentos do 2012 coas diferentes entidades que forman parte do traballo que se ven desenvolvendo no Concello, ascendendo a unha contía total de 92.051 euros. Esta contía adáptase ao recollido no Plan de Axuste e nos Orzamentos do ano 2012.

A pesar de que a Xunta de Galicia eliminou este ano e o ano anteiror a totalidade das axudas culturais tanto para concellos, como para asociacións, e está a recortar en gran medida no Ensino. O Concello de Salceda non vai a desantender as necesidades das diferentes entidades para poder sufragar parte dos custes que están afrontando tanto a nivel Cultural e Educativo como Deportivo.

As partidas orzamentadas recollen no eido Cultural á: Asociación de Amigos da Música 22.000€, Centro Cultural da Feira, Barreiro, Picoña, Soutelo, Coto-Budiño, Asociación Cultural Xunco, A Turonia recibirán unha contía, cada unha delas de 900€. Coros de Entenza e Santa María recibirán cada un deles 700.€, Asociación da Entroido da Feira e Nós
somos Nós do Barreiro recibirán unha subvención de 1.600 € cada unha delas, a Asociación de Veciños Carballeira, San Xurxo, Caselas, San Tomé: 400 euros cada unha delas. que suman un total de 35.400€.

En Promoción educativa as partidas van destinadas a: CEP Altamira 1.200 € e IES Pedras Rubias: 2.400€

En Benestar Social dirixida cara a Asociación de Xubilados de Salceda 3.000€.

En canto a área deportiva as entidades beneficiadas polas axudas concedidas polo Concello 18.000€ para o Caselas F.C. Club, 22.551,40 € para as Escolas Deportivas, C Balonmán Caselas 4.550€ o Clube Baloncesto Caselas 4.550€, Clube Ciclista Aragonta 400€, que sumarían un total de 50.051,40 € no remontante a área de Deportes.

O Goberno de Salceda de Caselas, asegura que “non vai a permitir que os recortes inflúan nas actividades que con moito traballo están a desenvolver as diferentes Entidades do noso Municipio. É moi importante non abandonar a Entidades sen ánimo de Lucro que fan unha grande labor dentro do noso Municipio, e que traballan arreo para ofrecer unha ampla gama de actividades, e que sobre todo son a base sólida de transmisión de coñecementos de cara a cidadanía.

18 de decembro de 2012 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.