Ribadumia renova o convenio anual co SPAD de Vilagarcía
O Concello de Ribadumia vén de renovar a colaboración anual co SPAD de Vilagarcía, a través da que se organizan actividades e programas no colexio Julia Becerra Malvar durante todo o curso escolar para previr e informar sobre o consumo de drogas e alcol. A alcaldesa Salomé Peña asinou esta mañá o convenio, que xa vai pola novena edición.
Os obxectivos que se perseguen a través desta medida son sensibilizar sobre a necesidade de que a familia se implique na prevención do consumo e reflexionar e analizar sobre as consecuencias das drogas. As actividades incluídas desenvolverase durante todo o curso escolar no colexio Julia Becerra Malvar e están destinadas ao alumnado de educación primaria e secundaria. Neste curso escolar, beneficiaranse deste convenio 435 alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria.
Os programas están relacionados coa prevención do consumo de drogas na escola, integrando educación para a saúde no ámbito escolar a través de materiais didácticos; co cine como elemento de prevención, ofertando una alternativa de traballo e reflexión atractiva para os alumnos; e co programa de intervencións socioeducativas na aula, con obradoiros de bebidas saudables e traballando a prevención do tabaco e do alcohol. As primeiras en organizarase serán co alumnado de 3º e 4º da ESO, nos vindeiros días, e consisten en utilizar o cine como elemento de prevención.











