Ribadumia colabora con Xeriatros en “Nadal en boa compañía”
O Concello de Ribadumia colabora con Xeriatros na terceira edición da iniciativa solidaria “Nadal en boa compañía”, cuxo obxectivo é evitar que as persoas maiores de 60 anos pasen soas estas festas nos seus fogares e que as disfruten en compañía dos residentes e traballadores da residencia.
Neste programa poden participar as persoas maiores de 60 anos que se atopen soas durante as festas de Nadal. Consiste en pasar estes días, entre o 24 de decembro e o 7 de xaneiro, en compañía na residencia Xeriatros. As persoas que queiran recibir maior información ou anotarse poden facelo nas oficinas municipais, os martes e xoves, antes do día 20 de decembro.
“Nadal en boa compañía” xa vai pola súa terceira edición. Xeriatros destina os recursos que se utilizaban na compra e no envío de obsequios aos seus clientes, proveedores e amigos á acollida gratuíta de persoas maiores en situación precaria. O obxectivo é conseguir que ningunha das persoas maiores pase estas festas sen recursos e en soedade.











