Ourense preséntase aos premios europeos da Semana da mobilidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaOurense
A-
A+

O Concello de Ourense presenta a súa candidatura para os premios europeos da Semana da mobilidade

Ourense é, xunto a outras seis cidades españolas candidata a ser finalista no premio europeo EMW-Award 2012
Huesca, León, Mijadas, Rivas Vaciamadrid, Santander e Vitoria son as restantes cidades con candidatura española
O Concello de Ourense participou activamente na Semana Europea da Mobilidade, con distintas propostas participativas entre o 17 e o 21 de setembro

Ourense será candidata xunto a outras seis cidades españolas, para obter os premios europeos da Semana da Mobilidade. Así o ratificou a organización do Premio Europeo EMW Award 2012, que recoñece ás cidades que realizan actividades, medidas permanentes e boas prácticas no referido á mobilidade.

Aceptáronse un total de 23 candidaturas, referentes a 11 países, entre as que sairán as cidades finalistas e a ganadora da edición deste ano. As sete candidaturas españolas (Ourense, Huesca, León, Mijadas, Rivas Vaciamadrid, Santander e Vitoria), sitúan a España como país líder en canto a número de participantes. O ganador e finalistas serán presentados nunha ceremonia de entrega de premios en Bruselas o próximo 6 de marzo.

Accións do Concello de Ourense na Semana Europea da Mobilidade

O Concello colaborou de forma activa na celebración da Semana Europea da Mobilidade, entre o 17 e o 21 de setembro, coa celebración de múltiples propostas participativas. O obxectivo principal das mesmas é sensibilizar aos cidadáns en torno á necesidade de actuar para evitar a contaminación provocada polo incremento de tráfico motorizado no ambiente urbán, e promover unha mellora da calidade de vida dos cidadáns.

O programa artellouse en tres eixes principais: potenciar o uso das formas de transporte alternativas ao uso de vehículos particulares, concienciar aos cidadáns dos efectos da contaminación xerada polo abuso do transporte privado e proporcionar unha visión diferente das cidades a través da redución do tráfico motorizado.

Así, entre outras accións se celebrou unha visita de escolares ao centro de pantallas de autobuses urbáns, un foro sobre mobilidade, o Día sen coches -cunha ginkana de actividades relacionadas co transporte en bicicleta-, ademáis do programa EnBICIate, un conxunto de cursos teórico prácticos sobre o correcto comportamento da bicicleta circulando pola cidade, e unha marcha ciclista.

28 de decembro de 2012 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.