O Concello anuncia un curso de carretilleiro/a para o mes de xaneiro
O Concello do Grove anuncia a programación dun curso de carretilleiro/a para realizar no mes de xaneiro nas instalacións do Monte das Flores.
A través deste curso, as persoas que o realicen recibirán o diploma acreditativo para facilitar o manexo da dita maquinaria nas empresas que así o soliciten.
Trátase de achegar a formación que mellore as posibilidades de incorporación ao mercado laboral, co menor custo para o alumnado participante.
O curso terá unha duración de 15 horas, pola mañá. As persoas que estean interesadas poden informarse na Casa Azul, así como na páxina web do concello no apartado de emprego.
O curso desenvolverase os días 9, 10 e 11 de xaneiro en horario de 9.00 a 14.00 h nas instalacións do Monte das Flores.











