O Concello agradece a resposta da veciñanza na recollida de alimentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, quixo agradecer publicamente á veciñanza a súa actitude solidaria cara as familias con escasos recursos da vila. E é que este ano as aportacións á Campaña de Recollida de Alimentos que promove o Concello eleváronse nun 300% respecto ao 2011. A consecuencia directa é que as cestas de Nadal que o departamento municipal de Servizos Sociais elabora e entrega nestas datas aos fogares necesitados contará con tres veces máis productos.

Nesta liña, o alcalde non só felicitou aos veciños e veciñas que a título persoal participaron na campaña, senón tamén ás asociacións que colaboraron: Asociación de Amas de Casa, A VV Anca, A VV de Viladonelle, A VV do Roxal, A VV do Puntal e SDR da Cobeluda. Así mesmo, a A VV Ancos contribuíu organizando unha exitosa recollida de xoguetes. As superficies comerciais de Eroski, Claudio e os establecementos Covirán da Muchiqueira e Xubia contribuíron tamén de forma decisiva, e papel destacado tiveron os funcionarios e membros da corporación, que aportaron uns 400 euros cos que se adquiriron dúas cestas de alimentos para sortear na I Chocolatada a favor da Cociña Económica. Por último, é de agradecer á aportación económica de Novagalicia Banco, que destinou 300 euros ás axudas de emerxencia social municipal.

Así, as cestas que recibirán as 45 familias con escasos recursos inscritas nos Servizos Sociais disporán de 5 litros de aceite de xirasol, 3 litros de aceite de oliva, tres tabletas de turrón, 2 kilos de arroz, 2 de garbanzos, 2 de lentellas, 2 de fabas, un lacón salado, 1 paquete de pasas, 1 de cacahuetes, 1 tableta de chocolate, 1 kilo de azúcar, 5 botes de tomate, 3 litros de zumo, 3 kilos de xudías en lata, 1 queixo, 1 lata de sardiñas, outra de pulpo, 2 tabletas de chocolate, 1 caixa de leite, 2 de galletas, 1/4 de kilo de café, 1 bote de cacao, 1 kilo de fariña, 1 paquete de sopa e 5 de macarróns.

Así mesmo, aquelas familias que teñan tres ou máis fillos recibirán unha cesta doble (co doble de productos). Por último, dende o departamento municipal de Servizos Sociais sinálase que, dada a elevada recadación de alimentos, e tras a entrega do Nadal, o vindeiro 8 de xaneiro o Concello realizará unha nova distribución de cestas ás familias.

28 de decembro de 2012 | 20:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.