O circuíto galego de maxia pasa por Carral
Os espectadores de Carral terán a oportunidade de disfrutar dunha gala de maxia que ofrecerá o colectivo de Magos Profesionais de Galicia. Esta actuación forma parte do Nadal Máxico do VII Circuíto Galego de Maxia na que colabora a Concellería de Cultura do Concello de Carral.
O espectáculo terá lugar o mércores 2 de xaneiro, ás 18:30 h, no Edificio Social Toñito Espiñeira de Carral. A entrada é libre, ata completar o aforo.











