Máis de 300 escolares participaron no programa Xogade

Instante dunha das probas
As probas desenroláronse no campo do Xestal de Ribadavia, o mércores 19 de decembro. As carreiras comezaron ás 10:30 da mañá, tomando parte nas mesmas deportistas de colexios dende a categoría benxamín ata a cadete, e nunhas boas condicións para a práctica do campo a través.
As entidades participantes foron Ceip Virxe de Guadalupe de Avión, Ceip Otero Nóvoas de Cortegada, Ceip Emilia Pardo Bazán de Leiro, CRA Amencer de Ribadavia, Ceip San Salvador de Arnoia, Ceip de Quines de Melón, Ceip Pena Corneira de Carballeda de Avia, IES de Ribadavia, e Cpi Tomás de Lemos de Ribadavia.











